Non teño previsto sacar unha tradución de Mozilla 1.7, nin das versións
posteriores. Xa me dán traballo dabondo o Firefox e o Thunderbird, para o
que recibo a cambio, como para me poñer tamén co Mozilla "normal".

 Do Firefox e Thunderbird si teño previsto sacar novas traducións. Se cadra
non tan rápidas como o viña facendo nestes dous anos e medio que levo
traducindo Mozilla, pero definitivamente vounas facer.

 Por certo, hoxe mesmo anunciei en Debian a miña intención de crea-los
paquetes Debian das traducións de Firefox e Thunderbird, que non os había.
Xa os teño feitos, pero non os hei subir ata a fin de semana (para dar tempo
a que haxa obxeccións).

 Pasádeo ben.

-- 

   Tarrío
(Compostela)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a