Ola a todos,
hai uns días incorporeime por segunda vez á lista (aínda que a primeira
non cheguei a participar e coincidiu con aquela distribución masiva de
virus).

Na USC parece ser que chegaron a un acordo coa Dirección Xeral de
Política Lingüística para o uso do traductor automático que fixeron no
Ramón Piñeiro (ESGA, español-galego). Pensei que se podería considerar a
posibilidade de utilizalo para traducir documentación que xa estea
dispoñible en español, de xeito que logo só habería que revisar os
erros (tendo en conta a versión orixinal), e adaptalo ás normas de
estilo definidas.
Habería que ter en consideración un par de cousas:

  o Non está aínda adaptado á nova normativa (aínda que eu penso que eso
     se resolve cun script en sed ou similar).
  o Está preparado para recibir texto "normal", non etiquetado, co que
     habería que facer un pre- e un post-procesamento.

Non sei que pensades a respeito disto... credes que compensa poñerse en
contacto co SNL da USC e intentar algo por esta vía?

[pego ó final do correo unha copia da mensaxe que enviaron anunciando o
acordo]

Saúdos,
--
Susana Sotelo Docío
http://www.linghoo.com/de/sdocio                               _o)
                                                               / \\
"Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas       _(___V
cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo               #96506


----- Forwarded message from Secretario xeral da USC -----

From: Secretario xeral da USC
To: USC-DIFUSION
Subject:      [USC-DIFUSION] Tradutor automático. O Cartafol.
Reply-To: Secretario xeral da USC
List-Post: proxecto@trasno.net
Date:         Mon, 7 Jun 2004 14:24:49 +0200
X-Mailer: QUALCOMM Windows Eudora Version 6.0.0.22


A Universidade de Santiago dispón, grazas a un acordo coa Dirección Xeral 
de Política Lingüística da Consellaría de Educación, dun tradutor 
automático castelán-galego. A utilización desta ferramenta consegue un 
aforro de tempo que chega ao 85% en relación á tradución tradicional, malia 
ter unhas limitacións que hai que ter moi en conta.

A posibilidade de contar con este tradutor automático é sen dúbida unha boa 
noticia para a normalización do noso idioma. Non obstante, a súa 
utilización indiscriminada pode resultar contraproducente se provoca que os 
textos se escriban en orixe en castelán. Por esta razón, e para respectar 
as regras do mercado e o acordo coa DXPL, fíxose necesario dispoñer 
criterios para seleccionar os documentos que se enviarán ao tradutor 
automático.

A utilización do tradutor automático será xestionada polo Servizo de 
Normalización Lingüística (SNL), que seleccionará os documentos en función 
dos criterios de uso e os requisitos técnicos esixidos. Os textos deben 
enviarse ao SNL sen gráficos, en formato TXT ou RTF (non se admitirán 
documentos electrónicos noutros formatos, nin impresos), e non deberán 
exceder de 1 Mb.

Para máis información pódense consultar os seguintes documentos:

·      <http://www.usc.es/~snlus/consideracTA.htm>  Consideracións xerais 
sobre o uso de tradutores automáticos.

·        <http://www.usc.es/~snlus/limitacTA.htm>Limitacións  do tradutor 
automático.

·       <http://www.usc.es/~snlus/documentTA.htm> Documentos susceptibles 
de tradución automática.

·        <http://www.usc.es/~snlus/requisitosTA.htm>Requisitos técnicos dos 
documentos para tradución automática.

Se tivese calquera outra dúbida pode dirixirse ao 
<http://www.usc.es/~snlus>Servizo de Normalización Lingüística, Tfno.: 
11327, 11312, Correo-e: <mailto:mbe...@usc.es>mbe...@usc.es )

------------

Aproveito a ocasión para comunicarlle que xa está en liña o número 15 d'O 
Cartafol dixital, correspondente ao mes de maio.
http://ocartafol.usc.es

"O Cartafol dixital" é o boletín mensual de novas sobre a lingua na USC. Do 
número 15 salientamos os seguintes contidos:
- Estamos de aniversarios: Lexiterm e Un idioma preciso
- Xa se pode consultar o bUSCatermos
- Estudantes de fóra ben informados
- Novos datos sobre o galego
- Traducir automaticamente na USC
- Por que non nolo contas en Económicas?
- Biblioteca Virtual da Literatura Galega, na sección "Pasa a folla"
- Escrita e sociedade: o alfabeto, na sección "Sabías que...?"

Ademais, as habituais seccións "Axenda", "Ruxe-ruxe" e "Arriba e abaixo".

O Cartafol está ao dispor de toda a comunidade universitaria para dar a 
coñecer cantas iniciativas xurdan no seu seo a prol da lingua


Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
Secretario xeral da USC 

----- End forwarded message -----
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a