Poderíase probar co manual de instalación de Debian Sarge, aínda que cambia 
constantemente e depende dos avances que fagan os traductores ó castelán. A 
verdade é que é bastante longo e levaría moito tempo unha traducción 
tradicional ¿qué vos parece?

PD:  Na 2stage do instalador de Debian Sarge aínda hai moitas cosas por 
traducir.  Da 1stage xa me encargo eu, pero agora nos exames terán que 
esperar esas cadeas rebeldes.


El Miércoles, 16 de Junio de 2004 21:27, Susana Sotelo Docío escribió:
> Ola a todos,
> hai uns días incorporeime por segunda vez á lista (aínda que a primeira
> non cheguei a participar e coincidiu con aquela distribución masiva de
> virus).
>
> Na USC parece ser que chegaron a un acordo coa Dirección Xeral de
> Política Lingüística para o uso do traductor automático que fixeron no
> Ramón Piñeiro (ESGA, español-galego). Pensei que se podería considerar a
> posibilidade de utilizalo para traducir documentación que xa estea
> dispoñible en español, de xeito que logo só habería que revisar os
> erros (tendo en conta a versión orixinal), e adaptalo ás normas de
> estilo definidas.
> Habería que ter en consideración un par de cousas:
>
>   o Non está aínda adaptado á nova normativa (aínda que eu penso que eso
>      se resolve cun script en sed ou similar).
>   o Está preparado para recibir texto "normal", non etiquetado, co que
>      habería que facer un pre- e un post-procesamento.
>
> Non sei que pensades a respeito disto... credes que compensa poñerse en
> contacto co SNL da USC e intentar algo por esta vía?
>
> [pego ó final do correo unha copia da mensaxe que enviaron anunciando o
> acordo]
>
> Saúdos,
> --
> Susana Sotelo Docío
> http://www.linghoo.com/de/sdocio                               _o)
>                                                                / \\
> "Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas       _(___V
> cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo               #96506
>
>
> ----- Forwarded message from Secretario xeral da USC -----
>
> From: Secretario xeral da USC
> To: USC-DIFUSION
> Subject:      [USC-DIFUSION] Tradutor automático. O Cartafol.
> Reply-To: Secretario xeral da USC
> Date:         Mon, 7 Jun 2004 14:24:49 +0200
> X-Mailer: QUALCOMM Windows Eudora Version 6.0.0.22
>
>
> A Universidade de Santiago dispón, grazas a un acordo coa Dirección Xeral
> de Política Lingüística da Consellaría de Educación, dun tradutor
> automático castelán-galego. A utilización desta ferramenta consegue un
> aforro de tempo que chega ao 85% en relación á tradución tradicional, malia
> ter unhas limitacións que hai que ter moi en conta.
>
> A posibilidade de contar con este tradutor automático é sen dúbida unha boa
> noticia para a normalización do noso idioma. Non obstante, a súa
> utilización indiscriminada pode resultar contraproducente se provoca que os
> textos se escriban en orixe en castelán. Por esta razón, e para respectar
> as regras do mercado e o acordo coa DXPL, fíxose necesario dispoñer
> criterios para seleccionar os documentos que se enviarán ao tradutor
> automático.
>
> A utilización do tradutor automático será xestionada polo Servizo de
> Normalización Lingüística (SNL), que seleccionará os documentos en función
> dos criterios de uso e os requisitos técnicos esixidos. Os textos deben
> enviarse ao SNL sen gráficos, en formato TXT ou RTF (non se admitirán
> documentos electrónicos noutros formatos, nin impresos), e non deberán
> exceder de 1 Mb.
>
> Para máis información pódense consultar os seguintes documentos:
>
> ·      <http://www.usc.es/~snlus/consideracTA.htm>  Consideracións xerais
> sobre o uso de tradutores automáticos.
>
> ·        <http://www.usc.es/~snlus/limitacTA.htm>Limitacións  do tradutor
> automático.
>
> ·       <http://www.usc.es/~snlus/documentTA.htm> Documentos susceptibles
> de tradución automática.
>
> ·        <http://www.usc.es/~snlus/requisitosTA.htm>Requisitos técnicos dos
> documentos para tradución automática.
>
> Se tivese calquera outra dúbida pode dirixirse ao
> <http://www.usc.es/~snlus>Servizo de Normalización Lingüística, Tfno.:
> 11327, 11312, Correo-e: <mailto:mbe...@usc.es>mbe...@usc.es )
>
> ------------
>
> Aproveito a ocasión para comunicarlle que xa está en liña o número 15 d'O
> Cartafol dixital, correspondente ao mes de maio.
> http://ocartafol.usc.es
>
> "O Cartafol dixital" é o boletín mensual de novas sobre a lingua na USC. Do
> número 15 salientamos os seguintes contidos:
> - Estamos de aniversarios: Lexiterm e Un idioma preciso
> - Xa se pode consultar o bUSCatermos
> - Estudantes de fóra ben informados
> - Novos datos sobre o galego
> - Traducir automaticamente na USC
> - Por que non nolo contas en Económicas?
> - Biblioteca Virtual da Literatura Galega, na sección "Pasa a folla"
> - Escrita e sociedade: o alfabeto, na sección "Sabías que...?"
>
> Ademais, as habituais seccións "Axenda", "Ruxe-ruxe" e "Arriba e abaixo".
>
> O Cartafol está ao dispor de toda a comunidade universitaria para dar a
> coñecer cantas iniciativas xurdan no seu seo a prol da lingua
>
>
> Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
> Secretario xeral da USC
>
> ----- End forwarded message -----
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a