> Pois non che me gusta nada, nada.
> Iso significaría andar a remolque do que se faga en castelán. Ademáis dubido

A miña proposta non era a de suspender todas as traducións que están en
marcha e empezar a pasarllas ó tradutor automático, senón máis ben
aproveitar esto para traducir aquela documentación que non está asignada
a ningún humano e que si estea dispoñible en español.

> moito que as traducións sexan moi correctas, tede en conta que case todo o que

Non sei cómo se desenvolve o tradutor con textos técnicos destas
características, por iso sería necesaria unha avaliación previa, así
como imprescindíbel unha revisión posterior.

> hai é a tradución dun orixinal en inglés, polo que estariamos a falar da
> tradución dunha tradución...

Efectivamente. A cuestión é: que é mellor, a tradución dunha tradución
ou nada?

> Polo que a min respecta estou totalmente en contra, pero se se chegase a facer
> ¿non sería mellor traducir dende o portugués?

Repito o que dixen ó final do anterior correo: podes pasar algunha
ligazón onde poder avaliar un tradutor de calidade portugués-galego?

Saúdos,
-- 
Susana Sotelo Docío
http://www.linghoo.com/de/sdocio                               _o)
                                                               / \\
"Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas       _(___V
cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo               #96506
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a