Os meus comentarios non intentaban dicir que a idea de traducir semiautomáticamente fora mala. Senón que tal como a expresaches estaba mal plantexada. A traducción sempre se debe facer dende a lingua orixe. Dende logo, sen control humano sería unha perda de tempo inútil. Non sei de ningún traductor inglés-galego. Supoño que se deberia crear un, pero que o faga alguén que saiba programar, eu non sei. No que podo colaborar é en facer listas de vocabulario ca súa correspondente traducción. Agora mesmo o das traduccións de documentación creo que está parado dende hai catro anos, ainda que estou en Trasno dende marzo máis ou menos e non sei moito. Isto é mellor que o confirme outra persoa que leve máis tempo en Trasno. Respecto ós howtos, na sección correspondente de trasno, as ligazóns non funcionan, pero pódense baixa-las traduccións dende o LDP. Estou traballando na actualización dun deles ("Linux Partition HOWTO") xa que é o único que se vén actualizando últimamente. Tamén estiven mirando o "Linux Gamers HOWTO" e o "USB Flash Memory HOWTO" pero sobrepasan os meus coñecementos. Agardo que non me quedara nada por comentar.
Ata logo,
Leandro _______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a