Se a min paréceme fantástico isto da traducción dende a orixe, pero 
primeiro, 
moitas veces non é así, porque os mesmos programadores non teñen a lingua 
inglesa como materna, polo cal xa non é a orixinal, senón que obviamente é 
algo compricadísisisisimo.

        Por qué demos non adaptamos o script por2gal e usamos a tradución 
portuguesa 
como base, que é moito máis lóxico e o único que hai que facer é repasar a 
tradución xerada? Eu invítovos a probalo en http://por2gal.elpiso.org/ . 
Paréceme moito máis lóxico isto que usar un tradutor castelán->galego.

El Venres 18 Xuño 2004 11:33, unho escribió:
> Os meus comentarios non intentaban dicir que a idea de traducir
> semiautomáticamente fora mala. Senón que tal como a expresaches estaba mal
> plantexada. A traducción sempre se debe facer dende a lingua orixe. Dende
> logo, sen control humano sería unha perda de tempo inútil.
>
> Non sei de ningún traductor inglés-galego. Supoño que se deberia crear un,
> pero que o faga alguén que saiba programar, eu non sei. No que podo
> colaborar é en facer listas de vocabulario ca súa correspondente
> traducción.
>
> Agora mesmo o das traduccións de documentación creo que está parado dende
> hai catro anos, ainda que estou en Trasno dende marzo máis ou menos e non
> sei moito. Isto é mellor que o confirme outra persoa que leve máis tempo en
> Trasno.
>
> Respecto ós howtos, na sección correspondente de trasno, as ligazóns non
> funcionan, pero pódense baixa-las traduccións dende o LDP. Estou
> traballando na actualización dun deles ("Linux Partition HOWTO") xa que é o
> único que se vén actualizando últimamente. Tamén estiven mirando o "Linux
> Gamers HOWTO" e o "USB Flash Memory HOWTO" pero sobrepasan os meus
> coñecementos.
>
> Agardo que non me quedara nada por comentar.
>
> Ata logo,
>            Leandro
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

-- 
    Voy a pescar almejas al fondo del océano.
                Ramón Díaz Martínez (Miliki).
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a