é dicir... 
se traducimos do portugués cara ó galego, se o texto portugués ten
erros de traducción, trasladaremos eses erros de traducción cara ó
galego.
Creo que o razoamento de emprega-lo texto orixinal coma fonte é ese e
non outro, xa que, para corrixir eses erros, habería que repasa-lo
texto orixinal (en inglés) e o texto final en galego...
Non sei se empregar unha ferramenta de traducción doutra lingua pode
acelera-lo proceso ou non, habería que probalo ;-).

On Fri, 18 Jun 2004 16:46:40 +0200, Xabier Rodriguez Calvar
<calva...@arrakis.es> wrote:
> 
>         Se a min paréceme fantástico isto da traducción dende a orixe, pero 
> primeiro,
> moitas veces non é así, porque os mesmos programadores non teñen a lingua
> inglesa como materna, polo cal xa non é a orixinal, senón que obviamente é
> algo compricadísisisisimo.
> 
>         Por qué demos non adaptamos o script por2gal e usamos a tradución 
> portuguesa
> como base, que é moito máis lóxico e o único que hai que facer é repasar a
> tradución xerada? Eu invítovos a probalo en http://por2gal.elpiso.org/ .
> Paréceme moito máis lóxico isto que usar un tradutor castelán->galego.
> 
> El Venres 18 Xuño 2004 11:33, unho escribió:
> > Os meus comentarios non intentaban dicir que a idea de traducir
> > semiautomáticamente fora mala. Senón que tal como a expresaches estaba mal
> > plantexada. A traducción sempre se debe facer dende a lingua orixe. Dende
> > logo, sen control humano sería unha perda de tempo inútil.
> >
> > Non sei de ningún traductor inglés-galego. Supoño que se deberia crear un,
> > pero que o faga alguén que saiba programar, eu non sei. No que podo
> > colaborar é en facer listas de vocabulario ca súa correspondente
> > traducción.
> >
> > Agora mesmo o das traduccións de documentación creo que está parado dende
> > hai catro anos, ainda que estou en Trasno dende marzo máis ou menos e non
> > sei moito. Isto é mellor que o confirme outra persoa que leve máis tempo en
> > Trasno.
> >
> > Respecto ós howtos, na sección correspondente de trasno, as ligazóns non
> > funcionan, pero pódense baixa-las traduccións dende o LDP. Estou
> > traballando na actualización dun deles ("Linux Partition HOWTO") xa que é o
> > único que se vén actualizando últimamente. Tamén estiven mirando o "Linux
> > Gamers HOWTO" e o "USB Flash Memory HOWTO" pero sobrepasan os meus
> > coñecementos.
> >
> > Agardo que non me quedara nada por comentar.
> >
> > Ata logo,
> >            Leandro
> > _______________________________________________
> > Trasno mailing list
> > tra...@ceu.fi.udc.es
> > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
> 
> --
>     Voy a pescar almejas al fondo del océano.
>                 Ramón Díaz Martínez (Miliki).
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
> 




-- 
http://www.nubeiro.com
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a