Ola, son Camilo Regueiro. Fai tempo que estou nesta rolda pero ás veces non me 
admitia o envio de correos.

Por esta razón fai algun tempo envieille a Xacobo Tarrio unha proposta para que 
a expuxera nesta rolda, dita proposta consistiu en que empregarades o traductor 
automático Traduza-G de xeito totalmente gratuito para o grupo de traballo do 
Trasno. Non sei o por que non enviou dita mensaxe, pero agora a poño eu.

O traductor automático Traduza-G ten un nivel de efectividade dun 99%, ademais 
esta adaptado á nova normativa, poidende escoller as opcións normativas mais 
habituais (escoller entre uso de "ó/ao", "bel/ble", etc..

Dende a miña experiencia en Galego21 considero o emprego deste tipo de 
ferramentas moi utiles e que chagan a aforrar un 80% do traballo e do tempo de 
tradución.

De todos os xeitos creo que o mellor é que o probedes, xa que dende fai tempo 
hai unha conta aberta e gratuita para o Trasno, e sei que despois de que o 
probedes, moitos de vos cambiaredes de opinión.

Para realizar traducións tedes que ir a:

  http://www.dimensiona.com/traduza/clientes

  O usuario é : trasno
  O contrasinal: linux

 Podense enviar textos (copiar e pegar nunha textarea) ou enviar ficheiros en 
formato texto, Html, XML, rtf ou word 97/2000, e manten o formato en todo 
momento, para ver traducións de páxinas Web en liña e seguir navegando en 
galego podedes ir a http://www.dimensiona.com/traduza/trweb , seguro que vos 
sorprende, e observaredes como manten os formatos.
O único é que non admite unicode (utf-8, utf-16) polo que haberá que facer unha 
conversión previa de xogo de caracteres para aqueles textos que empregen dito 
xogo de caracteres.

Para o emprego de tradución de manuais e de documentación pode ser ideal, claro 
que para traducións de programas ou modulos con moito vocabulario técnico o 
rendemento pode baixar, pero evidentemente xa está feita a primeira pasada.


O dito aqui deixo o meu ofrecemento, de todos os xeitos por probar non perdedes 
nada.

Unha aperta

Camilo Regueiro

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a