Ola,

Antes de nada, noraboa polo voso proxecto. Suscribinme a esta lista de correo 
máis que nada para facer unha oferta.

Varios LUGs galegos estivemos a semana pasada en Santiago falando cun asesor 
da Consellería de Educación para dármonos a coñecer as nosas posturas sobre 
Linux, e as súas posibilidades no ensino galego.

As notas completas da reunión están en:

http://ceu.fi.udc.es/pipermail/gpul-list/2004-June/000553.html

Como froito desta reunión, abríronse novas posibilidades para elaborar 
traduccións certificadas pola Xunta, e tamén facer as "I Xornadas Galegas de 
Software Libre na educación", onde se tratarán diversos temas de interese 
para profesores de secundaria, principalmente.

Como principal obxectivo, preténdese dar a coñecer ó profesorado as 
actividades de software libre que se están a desenvolver na nosa comunidades: 
LUGs, empresas, proxectos... así como ofrecerlles unha visión xeral das 
posibilidades e vantaxes do sw libre.

Falouse de que sería moi interesante presentar o proxecto Trasno, e por iso me 
gustaría invitar a algún dos coordenadores ou colaboradores do proxecto a 
participar nas xornadas cunha ponencia. Penso que moitos dos asistentes 
estarían moi interesados.

Aínda que non houbese ningún participante de Trasno interesado en presentar 
una ponencia, estades todos convidados a participar como público nas 
xornadas, que terán lugar o venres 22 e sábado 23 de Outubro en Santiago de 
Compostela.

Moitas gracias pola vosa atención e aceptade as miñas desculpas polo offtopic.

Saúdos.

-- 
Enrique Ocaña González
Coordinador de proyecto
Gestión de la Internet Municipal Educativa del Ayuntamiento de A Coruña
mailto:eoca...@igalia.com
Igalia - http://www.igalia.com

- Yo también quiero una Europa libre de Patentes de Software -
--------------------------------------------------------------
 EuropeSwPatentFree - http://EuropeSwPatentFree.hispalinux.es 
-------------------------------------------------------------
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a