Pois nada, que estiven a instalar Sarge en galego fixandome un chisco así
por riba na traducción, vou comentar aquí as cousas que me chocaron, non
quero dicir que estén mal, xa que eu ademais de non ser bo traductor, pois
tampouco lle dou ben nin á gramática nin á ortografía, simplemente é por si
son erros ;-)

Respecto á primeira parte da instalación:

Pon:            Cargando os componente do instalador de Debian
En troques de:  Cargando os compoñentes do instalador de Debian
(creo que a traducción é un chisco libre, pero niso non me meto)

No particionamento de discos ó final pregunta...
        ¿Escribir estes cambios ó disco?
nas opcions non se lé ben o "Sí" en lugar de "Sí" aparece un "S�"
Este mesmo erro repitese varias veces, vinno alomenos na pantalla de
instalación do grub.

A segunda parte da instalación está sen traducir na maior parte, así por
exemplo, a benvida está en inglés, así coma a configuración horaria e a do
sistema base.

Nembargantes algunhas cousas si que están traducidas e atopei algunhas
cousas rariñas como estas:

Na configuración do passwd...

pon:            posería
en troques de:  podería
e tamen:        poda
en troques de:  poida

Non sei se onde di "como o teu nome" debería de dicir "coma o teu nome".

Tamén pon:      poder cambiarse executando
En troques de:  pode cambiarse executando

E se facemos un dpkg-reconfigure passwd preguntanos se queremos activar os
contrasinais shadow, e as opcións a escoller están en inglés (Yes/No)

Na configuración do APT, vexo que o texto parece traducido, mentres que a
ventá na que aparece está en inglés :-?

Outra cousiña, en castelán escollen como locale es_ES@euro, nembargantes en
galego escollese o gl_ES en troques de gl_ES@euro, non sería mellor esta
ultima opción?

Creo que nada mais, non sei se se vai a seguir a traducir o instalador, se é
así avisade que o miro con mais calma.

Saudos...
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a