Ola a tod@s:

 Ha xa algun tempo falou-se por esta lista dun mini-tradutor portugués->galego 
da autoria de Berto.

Asi o 31/03/2004, unho perguntába:

> ¿Que programa é por2gal? 

e Berto respondia:

>  É um tradutor de 2 KB que colhe um texto em português e
> converte-o a galego ILG.
>  Se é um programa, um script, ou uma caralhada... fica a juízo do
> consumidor ;-)
>
>        http://por2gal.elpiso.org/
>
> Berto.

Se ben a idea xa a tiña de antes, o coñecimento do seu programa, aguillou-me 
para escreber un breve curso de portugués para galegos. Curso que se pode 
achar en:

http://members.tripod.com.br/ramonflores/ler-portugues/curso-portugues.html


Realmente este é un curso moi sinxelo, xa que só ensina como ler portugués ao 
xeito galego. Durante anos pensei que un curso como este non era moi 
necesário, mais diversas conversas, en liña a maior parte, e o facto de que 
nos últimos anos se traduzan acotio libros do portugués para o galego, 
fixeron-me trocar de opinión.

Unha das respostas tradicionais ante o cuestionamento da utilidade do galego, 
é a comunicación co mundo lusófono. Mais infelizmente esta comunicación é 
moito mais propalada que real. Este curso trata de encoraxar a dita 
comunicación, focando-se na parte mais simples, a leitura dos textos en 
portugués.

Non quixera que se interpretara este curso como un alegato reintegracionista. 
Nel non se trata de cal debe ser o modelo de galego culto, nen cal a sua 
relación co portugués padrón. Tampouco quero enganar a ninguén, eu son 
reintegracionista, mais sei perfeitamente que é posíbel ser isolacionista, 
mesmo abominar do reintegracionismo, sabendo ler portugués, ha notábeis 
exemplos disto. Outra cousa é que considere un desbarate cultural non 
aproveitaren os galegófonos unha vantaxe que teñen: unha grande facilidade 
para ler en portugués.

Como reiterei anteriormente este curso só ensina a ler portugués, non a 
escrebé-lo, nen a falá-lo. Por iso é tan sinxelo, podendo-se rematar con 
aproveitamento nunhas poucas horas, contodo penso que ten bastante utilidade, 
pois serve para interpretar tranquilamente á grande cantidade de textos en 
portugués que están hoxe en dia ao noso dispor, desde páxinas web até 
folletos de instrucións.

Para os tradutores de software o documentación ao galego, ler portugués 
significa unha nova ferramenta; a posibilidade de partir da tradución 
portuguesa, ou a de comparar con ela. Ha tamén moita documentación orixinal 
en portugués (do Brasil) que paga a pena ler.

Un saudo
Ramon
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a