O Luns,  6 de Decembro de 2004 ás 12:13:39 +0100, Iván Pérez Domínguez escribía:

> How will we label them is quite another issue, can I suggest 'Portuguese
> Galician' for gl_PT and 'Spanish Galician' for gl_ES, the 'Portuguese'

 Iso non ten sentido, xa que en gl_ES a primeira partícula é idioma e a
segunda é país; gl_PT significaría "o galego que se fala en Portugal", o cal
é un absurdo, xa que en Portugal non se fala galego (e algúns dirían que en
Galiza tampouco, pero non me quero meter nesas bosteiras).

 Como moito podía ser gl_ES e pt_ES, para quen leve esas ideas, pero non fai
falla chegar a tanto.

 O sistema este de denominación de "locales" ten un sistema para indicar
distintos dialectos ou distintos sistemas ortográficos: engadindo, despois
do país, un signo de arroba seguido do nome do dialecto.

 Por exemplo, no caso do noruegués, temos no_NO e no_NO@nynorsk, que son
dialectos do noruegués distintos.

 Así podiamos ter gl_ES e gl_ES@reintegracionista, ou como lle queirades
chamar. De feito, creo que Ramón Flores fixera algunhas cousas co
identificador gl_ES@minimos, ¿non?

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a