El Lunes, 6 de Diciembre de 2004 17:13, Samuel Suárez escribió:
> Ola a todos.
>
> Gustaríame unirme a vos para traducir diversos programas de KDE ó galego.
> Como non tiña nin idea de qué facer primeiro, lin a páxina de axuda.
> Segundo ésta:
>
> "Algúns autores e propietarios do Copyright dos programas piden que cumpras
> algunhas condicións para acepta-las túas traduccións. Por exemplo, a Free
> Software Foundation (FSF) esixe que o Copyright da traducción sexa cedido a
> ela. O mesmo pasa con algunhas distribucións de Linux. No resto dos casos,
> o Copyright pode pertencer ao autor da traducción."
>
> ¿Inclúe iso a programas de KDE en xeral ou depende do autor en concreto do
> programa, ou se cadra non ten nada que ver? De tódalas formas, o enlace que
> dades a http://www.trasno.net/axuda/disclaim.txt está roto e non podo ve-lo
> "Translation Disclaimer" ese.

Non é preciso. KDE non require o traslado do copyright da traducion, creo que 
nin sequera existe. Pero en cuestións legais ando espeso, a ver se alguén 
anda enterado e contesta.


>
> Gustaríame comezar a axudar traducindo algúns proxectos novos como poderían
> ser Kexi ou Konserve. ¿Alguén sabe se son traducibles?

Son o coordinador. Podes comezar co Kexi (koffice) ou co Konserve 
(kdenonbeta). Vai a http://i18n.kde.org/stats/gui/KDE_3_3_BRANCH/gl/index.php 
ou a www.trasno.net/kde e descarga os ficheiros *.po correspondentes (ámbolos 
dous apuntan ao mesmo lugar). 

Podes empregar o kbabel se tes KDE ou o gtranslator se tes GNOME, e se che 
apetece o Emacs co modo gettext. Eu recomendo kbabel porque valida a sintaxe
especial de KDE para os plurais e demais características específicas.





>
> Moitas gracias.

Deicalogo.

>
> Saúdos.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a