Ola,

Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.

En primeiro termo falan de darllos a Trasno (ou individualmente a
xente que colabora con Trasno) para determinadas aplicacións e
escritorios.
Coma segunda posibilidade pensan na lóxica de facelo vía becas
oficiais, por exemplo, a filólogos.

A idea que teñen é nunha especie de mecenado, patrocinio ou algo así. 
Pretenden deste xeito axilizar as traduccións, facelas seguindo uns
compromisos de ter traducidas determinadas aplicacións (as máis
empregadas) seguindo un calendario ...

En fin, non é tema de intromisión nin nada semellante. Tampouco son
cartos da Xunta aínda que traten de acadalo en calquera fronte. Só que
comproban, comparando con outros idiomas, que os avances nas
traduccións non son veloces como sería o desexado... e pensaron nesta
vía.

Como o vedes?  Que lles digo?

Saúde!
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a