Boas.
        O tema non está nas nosas mans, senón nas do concello. As posibilidades 
que 
vexo son, dun xeito ou outro, afrontar as traducións coas coordinacións dende 
Trasno, pois a potestade de incluilas no cvs corresponde aos coordinadores de 
cada escritorio e aos xa responsábeis das traducións de aplicacións non 
incluidas en ningún entorno, coma Firefox. A lóxica de facer as traducións 
(en termos estrictamente lingüísticos) sería mediante filólogos, sempre que 
se poida permitirse o luxo, ou en calquera caso coas colaboracións de 
tradutores experimentados non filólogos cun dominio dos tecnicismos da 
infórmatica. Mais non é tan doado contar só co traballo de filólogos, pois 
farían falta axudas tanto técnicas (na instalación e configuración de Linux 
para os novos tradutores, que non adoitan a empregar dito sistema) coma 
formativas (no plano informático, é preciso que teñan un coñecemento 
intermedio do sistema operativo para realizar unha correcta interpretación 
das mensaxes a traducir, e fornecerlles das ferramentas e os modos de 
tradución existentes).
        
        Pouco máis podo dicir que non sexa isto. Sería bo que houbera un fío de 
discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.

        Deicalogo.




> Ola,
>
> Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
> fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.
>
> En primeiro termo falan de darllos a Trasno (ou individualmente a
> xente que colabora con Trasno) para determinadas aplicacións e
> escritorios.
> Coma segunda posibilidade pensan na lóxica de facelo vía becas
> oficiais, por exemplo, a filólogos.
>
> A idea que teñen é nunha especie de mecenado, patrocinio ou algo así.
> Pretenden deste xeito axilizar as traduccións, facelas seguindo uns
> compromisos de ter traducidas determinadas aplicacións (as máis
> empregadas) seguindo un calendario ...
>
> En fin, non é tema de intromisión nin nada semellante. Tampouco son
> cartos da Xunta aínda que traten de acadalo en calquera fronte. Só que
> comproban, comparando con outros idiomas, que os avances nas
> traduccións non son veloces como sería o desexado... e pensaron nesta
> vía.
>
> Como o vedes?  Que lles digo?
>
> Saúde!
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a