Ola Xabier e todos,

>O tema non está nas nosas mans, senón nas do concello. 

Comenteivos esta proposta porque, desta vez, parece que atopei a xente
realmente interesada nisto. De feito, estoulles asesorando para unhas
hipotéticas xornadas e demais...
Eles dan por descontado que poderán recabar fondos para incentivar á
xente a traducir, polo que, efectivamente está nas mans deste concello
e nas de quen conte a súa vez eles para os cartos.

> vexo son, dun xeito ou outro, afrontar as traducións coas coordinacións dende
> Trasno, pois a potestade de incluilas no cvs corresponde aos coordinadores de
> cada escritorio e aos xa responsábeis das traducións de aplicacións non
> incluidas en ningún entorno, coma Firefox. A lóxica de facer as traducións

Esa foi a idea dende o comezo: coordinación técnica, supervisión e
demais feita por Trasno.

> (en termos estrictamente lingüísticos) sería mediante filólogos, sempre que
> se poida permitirse o luxo, ou en calquera caso coas colaboracións de
> tradutores experimentados non filólogos cun dominio dos tecnicismos da
> infórmatica. Mais non é tan doado contar só co traballo de filólogos, pois
> farían falta axudas tanto técnicas (na instalación e configuración de Linux
> para os novos tradutores, que non adoitan a empregar dito sistema) coma
> formativas (no plano informático, é preciso que teñan un coñecemento
> intermedio do sistema operativo para realizar unha correcta interpretación
> das mensaxes a traducir, e fornecerlles das ferramentas e os modos de
> tradución existentes).

Concordo e creo que concordan tamén eles.
 
>         Pouco máis podo dicir que non sexa isto. Sería bo que houbera un fío 
> de
> discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.

O que necesitaba neste caso era saber se tería algunha resposta vosa
para transmitirlla. Xa vou dicindo que hai predisposición en Trasno,
que poderíamos pensar na vosa coordinación, etc.

Diereivos a resposta que teña deles. Ogallá saia todo ben!

Mentres estarei ó fío do que saia na lista.

Apertas,
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a