Se precisades axuda contade comigo, sexa tanto como filólogo (licenciado em Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago), coma informático.
Saudos
Xavier Bahillo
Xosé Martínez escribió:

Roberto Brenlla wrote:

Ola,

Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.


Como o vedes?  Que lles digo?

Saúde!
Xabier García Feal wrote:

    Boas.
........
Sería bo que houbera un fío de discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.
Ola, tamén coa intención de que se abra un fío de discusión envío algunhas ideas sobre o que se podería facer.

Unha proposta de actuación podería ser a seguinte:

Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas traduccións feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que me parece que non hai versión para os últimos cambios na normativa (correxídeme se me equivoco).

Un becario de informática. Conectaría ó traductor co "mundillo informático", axudandoo a comprender a que se refiren os términos, e podería contactar mellor cos distintos grupos que se encargan de traduccións (KDE, Gnome, Mandrake, Debian, OpenOffice, ....) que son os que mellor coñecen o que hai que facer para ter unha traducción "oficial" no seu contorno.

Un becario de comunicación, que se encargase de proxectar o traballo que se fai co software libre en galego, o que podería redundar, por exemplo na aparición de máis traductores voluntarios, ou podería animar a outros concellos a da-lo seu apoio.

A idea que eu poñería de fondo sería permitir a creación de grupos estables, e darlles apoio, co que se podería evitar o problema de que se unha persoa non pode continuar con unha traducción ese programa deixe de ter versións en galego.

dk logo.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

__________ Información de NOD32 1.975 (20050118) __________

Este mensaje ha sido analizado con  NOD32 antivirus system
http://www.nod32.com




_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a