>
>    1. Unha oferta (Roberto Brenlla)
>
>
> ----------------------------------------------------------------------
>
> Message: 1
> Date: Fri, 14 Jan 2005 04:14:36 +0100
> From: Roberto Brenlla <bren...@gmail.com>
> Subject: Unha oferta
> To: tra...@ceu.fi.udc.es
> Message-ID: <d6f04339050113191479b58...@mail.gmail.com>
> Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1
>
> Ola,
>
> Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
> fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.
>
> En primeiro termo falan de darllos a Trasno (ou individualmente a
> xente que colabora con Trasno) para determinadas aplicacións e
> escritorios.
> Coma segunda posibilidade pensan na lóxica de facelo vía becas
> oficiais, por exemplo, a filólogos.
>
> A idea que teñen é nunha especie de mecenado, patrocinio ou algo así.
> Pretenden deste xeito axilizar as traduccións, facelas seguindo uns
> compromisos de ter traducidas determinadas aplicacións (as máis
> empregadas) seguindo un calendario ...
>
> En fin, non é tema de intromisión nin nada semellante. Tampouco son
> cartos da Xunta aínda que traten de acadalo en calquera fronte. Só que
> comproban, comparando con outros idiomas, que os avances nas
> traduccións non son veloces como sería o desexado... e pensaron nesta
> vía.
>
> Como o vedes?  Que lles digo?
>
> Saúde!
> --
> Roberto Brenlla
> www.agnix.org

A min paréceme que pode dar algún resultado, sempre que se consigan cartos
(suficientes) e xente que se poña. Non sei de cantos cartos estamos
falando, nin de canto tempo duraría iso, nin que programas, e eu os
calendarios non os cumpro, iso dende logo.

Eso do mecenado significa que traballamos para eles a xornada completa??
ou que nos pagan polas horas libres que traballamos??
que concello é ese??

Deches moi poucos detalles para que eu che poida dar unha resposta
axeitada a esta proposta.

Outra cousa, non sei se é cousa dun meigallo ou que, pero ultimamente non
recibo nada das listas de correo ás que estou subscrito, incluida a de
Trasno da que só recibo spam (creo que de Jesús Bravo).

Ata logo.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a