> Mandrake ten unha ferramenta tipo rpm que se chama urpmi. Creo que non é
> gráfica.

Si, chámase urpmi, pero é un conxunto de programas (urpme, urpmq, etc) e
ainda que eu son o que traduce Mandrake, nunca usei eses programas.
Incluso é a parte menos traducida ó galego de Mandrake. A túa versión de
Mandrake é moi vella, pero supoño que daquela xa existiría o urpmi. Polo
que oín o apt é mellor, e ainda que é para os paquetes deb, seica o
adaptaron para usar os rpm e esta versión de apt está en Fedora.

O que fan estes programas é o que lle chaman "resolución automática de
dependencias". Ou sexa, se queres instalar un paquete e cómpre ter
instalado outro ou outros antes, os programas estes non che din "falta tal
cousa", senón que instalan ese primeiro e despois instalan o que ti lle
mandaches instalar. Pode ser que dixera algo que non é. Nese caso que o
indique alguén.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a