Bos días a todos,

Despois dun primeiro contacto coa lista e de falar con manty, decidinme por
comezar a traducir o Mailman. Baixeime os fontes de sourceforge, xa que os
que estaban en trasno son de fai bastante tempo, e comecei polo mailman.po
(son 1308 mensaxes, co cal aínda me queda un bo anaco). Non obstante, quería
saber como teño que facer para subilo a trasno, e que poida estar a
disposición de todos, e se alguén se anima que me axude cos demais
ficheiros...

Moitas grazas e espero as vosas novas,

Gustavo Álvarez Bea

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a