> Logo de decidirte, fala cos coordinadores de cada asunto para que che
> poñan ao tanto. Eu son o de KDE, e Jesús Bravo (s...@trasno.net) é o de
> Gnome.

Eu son o que se ocupa de traducir o Mandriva (o antigo Mandrake). Non son
o coordinador oficial pero coma se o fora ;). Por certo, hai que
actualizar as ligazóns da páxina de estatísticas de Mandriva, porque a
páxina non funciona.

> ------------------------------
> Despois dun primeiro contacto coa lista e de falar con manty, decidinme
> por
> comezar a traducir o Mailman. Baixeime os fontes de sourceforge, xa que os
> que estaban en trasno son de fai bastante tempo, e comecei polo mailman.po
> (son 1308 mensaxes, co cal aínda me queda un bo anaco).

Ti tranquilo que con 1308 cadeas acábase cedo. O problema ven cando estas
cambian moito. Por se acaso podes ir pensando que vai ser o seguinte que
vaias traducir, se é que pensas seguir traducindo.

Ata logo,
               Leandro Regueiro



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a