Ola, hoxe pasei pola sección de GNU de Trasno e lin que para traducir os
paquetes desa páxina fai falta enviar o "Translation Disclaimer". Estiven
mirando a páxina orixinal de estatísticas e dinlle a baixar un dos
paquetes. Envioume a outra páxina onde dicía que ese paquete non requiría
enviar o "Translation Disclaimer" para poder traducilo.

É isto así? Podo traducir algún deses paquetes sen ter que enviarlle nada
a ninguén, agás a traducción, claro?

Grazas,
                 Leandro Regueiro

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a