> non che sei decir ben. eu un dia apunteime a lista de correo pa traducir
> parte de gnome pero non me aclaro ben, pareceme un lio. si te entreras
> como vai o asundo faimo saber
>
> graciñas
>
>     Jose Ramon

O de GNOME é bastante diferente. Simplemente tes que ir a esta páxina
http://trasno.net/gnome/ e descargar os paquetes que queres/vas traducir
(no sitio web de GNOME teñen unhas páxinas máis actualizadas, creo). Se
non sabes cales coller pregúntalle ó coordinador do equipo de tradución de
GNOME (Jesús Bravo Álvarez, o enderezo de correo-e é j...@pobox.es ou algo
así) e el asignarache un ou varios, fala con el e xa veredes como vos
amañades.

Unha vez tes descargado ese paquete, tradúcelo, co programa que queiras
(eu estou usando agora mesmo o poEdit dende Windows, ainda que hai outros
para GNU/Linux). Unha vez o tes totalmente ou parcialmente traducido (non
somos superhomes nin supermulleres), envíasllo ó coordinador do teu equipo
e el subiráo ó servidor das traducións de GNOME.

Non sei moi ben canto se moven os dos equipos de KDE e GNOME, pero eu, por
liberdade máis ca nada, collín a tradución da distribución Mandriva e
traduzo o que quero e cando quero. No caso de Mandriva as traducións
envíanselle ó coordinador de traducións de Mandriva e el ponas no servidor
de Mandriva. Ou sexa, poderíase dicir que eu son o coordinador do equipo
de tradución de Mandriva, ainda que só me coordino a min mesmo porque son
o único integrante do equipo.

Se o que queres é liberdade podes coller a tradución de Fedora que parece
que está abandonada. Suse creo que non se pode traducir ou está a cousa
moi dificil, non che sabería dicir. E Debian creo que ten un equipo de
varias persoas e que traballan algo, pero iso mellor que o confirmen
outros (ou outras).

En todo caso, se o da liberdade che da igual, recoméndoche que te poñas
con GNOME ou KDE e que lle deas un toque ó teu coordinador para informarte
ou despertalo a el (a veces parece que hai periodos de inactividade).

Se tes dúbidas usa esta lista de correo que para iso está. Non vos cortedes.

Outra cousa, a páxina das estatísticas de Mandriva en Trasno
(http://trasno.net/distribucions/mandrake.php) leva sen se actualizar
varios meses, ¿que lle pasa?, porque cada varios meses teño que chamarvos
a atención sobre isto.

Ata logo,
                Leandro Regueiro


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a