Perdón, si que se amosa unha nova na páxina principal do Cesga. Ademais do 
citado concurso, hai outro por exemplo para avaliar a situación do software 
libre na sociedade galega, para o cal se paga o informe con 104.000 euros.
Dicir tamén que a adxudicación do concurso faise in situ, é dicir, os 
adxudicatarios deben estar presentes no Cesga na apertura do sobre no que vai 
a súa proposta, o chamado contrato de palabra.

El Martes 27 Septiembre 2005 23:00, Xabi G. Feal escribió:
> Acabo de ler a nova no sitio do GLUG, máis que nada sorprendeume e reforzou
> o meu descoñecemento no tema das
> subvencións/adxudicacións/empresas/organizacións e demáis temas
> relacionados coa economía . Resulta que o CESGA saca a concurso a
> localización do OpenOffice ao galego. Tamén me sorprendeu ver que o CESGA é
> unha sociedade anónima e non un centro dependente directamente do MEC ou da
> Xunta. É polo tanto esta sociedade de xestión a que fai a proposta de
> concurso.
>
> Ben, primeiro, ¿sabe alguén se a atribución da tradución do OpenOffice foi
> para o CESGA, por parte da organización do OpenOffice, e ésta a está
> subcontratando, ou simplemente se está tomando a liberdade o CESGA de sacar
> a concurso a tradución deste software (o que supoño)?. Neste derradeiro
> caso, terase que ter en conta que o OpenOffice coido estaba parcialmente
> traducido? Ademais como e posíbel que o prazo de presentación de proxectos
> remate o 5 de outubro (a vindeira semana) se o concurso veu a luz estes
> días? ¿Como é posíbel que se gratifique o traballo coa cantidade
> desmesurada de 140.000 euros (20 millóns e medio de pesetas) por un
> proxecto que ten que estar rematado o 15 de decembro de este ano e coido
> non supón tanto traballo para un equipo de filólogos ben pagados? Pois
> coido que a min esto me cheira ao de sempre en galicia e españa, que o
> fluxo de diñeiro está preconcebido para tal empresa a cambio de traballo
> lixeiro de coste inferior ao fornecido. Tal e como presentan as condicións,
> pode que estean optimizadas para unha empresa predeterminada?
>
> Por certo tamén, a ligazón apunta a un ficheiro pdf dentro do cartafol
> concursos, mais no mapa da web non aparece a sección concursos. Ademais nin
> sequera aparece na portada da páxina do cesga, o que, tratándose da
> cantidade que ofrecen, merece un rinconciño no primeiro plano non?
> Pero o que me toca as ****** (narices) é que xa existe un proxecto de
> tradución de OpenOffice a cargo de Roberto Abalde (Proxecto Ceibe) que
> aínda que desfasado supoño pois supón unha boa excusa para ofertar un
> traballo sobre terreo xa sachado. Mais notar tamén que existen dous modos
> de tradución do Openoffice, o 18n e 10n, e non sei moi ben que vía se vai a
> empregar.
>
> Máis info en:
> http://www.glug.es/modules.php?name=News&file=article&sid=664
> http://www.cesga.es/concursos/concurso4_05/concurso4_05.pdf
>
> ¿Que opinión vos merece? ¿Está algún de vos implicado ;P?
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a