Xabi,

Por favor, non sei a que veñen estas afirmacións ... máxime cando a
empresa que fundamos uns canto hai tan só uns meses *non* nos imos
presentar.  E, se non mo cres, agarda uns poucos dias, é un concurso
público e calquera poderá coñecer os pormenores. Espero que daquela
sexas tan veloz coma agora á hora de rectificar.

En canto aos comentarios verquidos na miña contra (e varios máis!),
estounos lendo con calma para ver o que fago (ou facemos). O que está
claro é que os teus comentarios están fóra da verdade. Se non opinas
igual, presenta probas se es quen de atopalas (ou inventalas).

Roberto
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a