Durante a última semana estiven facendo uns scripts para convertir paquetes
de idioma XPI de Mozilla a ficheiros PO e viceversa, e aproveitei para
actualizar a tradución de Firefox que fixera hai ano e medio á versión
1.0.7 de Firefox.

 É posible que siga a actualizala, e que faga novas versións, etc., etc.
Nembargantes, para iso é preciso que me digades se hai erros na tradución,
etc., etc. Sei que os hai, así que máis vos vale ir falando.

 Ah, esta tradución non vai ser oficial; de feito, penso estar tan afastado
de mozilla.org como me sexa posible, así que en principio non ten por que
chocar isto co labor do equipo oficial de tradución ao galego...

 O ficheiro coa tradución é
http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0.7_gl-ES.xpi

 Para saberdes como a poñer, buscade un pouco en Google, que xa o expliquei
máis veces.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a