Hai unha nova versión da tradución na que Os Títulos Das Fiestras e As
Opcións Dos Menús Non Aparecen Así. Tamén fixen outras revisións e cambios
(como pasar de xerundio a "a"+infinitivo, etc.) Por favor, revisádeo, etc.,
etc. Avisádeme incluso se só a instalades pero non atopades ningún problema.
Se vai ben, publico a versión definitiva e actualízoa para Firefox 1.5.

 O enderezo é:

http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0_gl-ES.xpi

 Podedes probar a instalar tamén a extensión "Locale Switcher"
(https://addons.mozilla.org/extensions/moreinfo.php?id=356&application=firefox)
ou a extensión "Quick Locale Switcher"
(https://addons.mozilla.org/extensions/moreinfo.php?id=1333&application=firefox)
para despois activar ou desactivar a tradución. Non os probei, así que non
vos podo dicir que tal funcionan...

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a