(perdón polo quilométrico)

Ola a todos,

Son Roberto Abalde (http://www.galego21.org/doku.php/usuarios:rabalde), máis 
coñecido polo meu
traballo en galego21 (http://www.galego21.org).
Malia non ter colaborado convosco no Trasno, coido vos serve a miña experiencia 
en g21. Imos por
temas:

- Ideas co Trasno: 
  - (JT) Descentralización do traballo, centralización da comunicación, 
intercambio de experiencia
e coñecementos.         
  - (XV) Unha necesidade (...) é a publicidade (...) para dar a coñecer o 
proxecto no noso entorno
  
A descentralización do traballo é unha excelente idea pq así funciona o 
software libre dende
sempre. 
Ademais coido que é moi importante a especialización. Por exemplo, co galego21 
versión 2 quero
especializarme en dúas cousas: 
* fornecer ferramentas que axuden á tradución: para iso quero montar un 
dicionario, un grande
glosario xuntando todos os .po traducidos e corrixidos, etc. Hai parte en
http://www.galego21.org/doku.php/normas_de_ortografia ,
http://www.galego21.org/doku.php/normas_de_estilo e 
http://www.galego21.org/doku.php/glosario
* dar información sobre os programas xa traducidos: Hai algo feito en
http://www.galego21.org/doku.php/programas

E facer este traballo con profesionais na lingua galega. Estou un poco canso 
das discusións "de
bar" sobre normativas.

Tamén quero traducir programas que non está a traducir ningún grupo (Firefox, 
Thunderbird e OOo
nestes intres) pero en canto saiba de alguén que quera facer este traballo, 
pásoo.

Facer publicidade é sinxelo, hai que ter un produto rematado para amosarlles 
aos xornalistas. Por
exemplo, coido que sería un bombazo ter unha distribución completa traducida e 
que teña LiveCD
(ubuntu!). Deste xeito sería doado que a xente "de a pe" probase Linux e tamén 
un xornal poderia
regalalo (ANT?). O problema actual é que cada distribución está traducida nun 
70% (ou máis) pero
ningunha ao 100% :-( 
  
- Listas de correo:
  - (JBA) Ter só unha.

Si, máis dunha confunde á xente non informática. É boa idea que teña interfase 
web para ver as
mensaxes vellas.
  
- A web/Portal:
  - (FPC) Usar Rosetta/Pootle. 
  - (JBA) O mínimo posible (pequena introdución, información sobre os recursos, 
só referencias aos
grupos de tradución)
  - (JBA) Que sexa facilmente actualizable. Usar un wiki non sería mala idea.
  - (DFV) Usar Drupal
  - (XG) Usar Tigert
  
Un wiki vai de puta madre. Eu estou a usar DokuWiki en g21 e vai moi ben. 
Mediawiki mola tamén
(verdade Jacobo?) mais é un sistema máis complexo. Coido que ademais do que 
dixo JBA, podería
usarse para traducir HOWTOs e outra documentación.

- Ferramentas (CVS, ...)

Pq non usar as ferramentas que fornece SourceForge diretamente?

- Dicionarios/guías de estilo:
  - (JBA) Teríamos que aproveitar a posibilidade de facer un glosario conxunto 
coa xente de
galego21.org 
  - (DFV) Un diccionario basado nun wiki podería ser unha grande idea, eso 
sempre que non se ande
á greña con normativas
  - (JP) (...) elaboración dun glosario "oficial" uniformador e prescriptivo 
(aí é onde se pode
colaborar estreitamente co glosario de g21)

E si, imos traballar xuntos no glosario e moitas outras cousas. E non lle 
teñades medo ao wiki, se
mirades os "cambios recentes" de g21 
(http://www.galego21.org/doku.php/?do=recent) podedes ver que
non hai vandalismo.
 
Saúdos,
Roberto
  


                
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a