O Martes 04 de Abril de 2006 ás 17:23, Leandro dicía:

>O enderezo actual da páxina orixinal de estatícas de Mandriva é
>http://www.mandrivalinux.com/l10n/gl.php3

        Graciñas ;)

        Hoxe estaba eu con ganas, así que actualicei todos os scripts
(GNU, Gnome, KDE, Mandriva e Fedora).  Agora debería haber estatísticas
actualizadas en todos eles (a ver canto dura... :D)

        Tamén separei as estatísticas para as versións estables e de
desenvolvemento en Gnome e KDE.  E puxen a Nacho como tradutor dos paquetes
de Gnome, que aínda aparecía eu ;)

        E tamén actualicei algunha cousiña nas páxinas, sobre todo as de
distribucións. Aínda aparecía "Mandrake", e aínda era eu o coordinador de
SuSE, hai unha chea de anos diso... :-m

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a