O Mércores 05 de Abril de 2006 ás 15:18, Leandro dicía:

>Pero tamén se poderían arranxar as outras táboas. Por exemplo para
>Debian poderíanse sacar os datos de
>http://www.debian.org/international/l10n/po/gl ainda que non sei se
>aparecen aí tódolos catálogos dispoñibles.

        Nesa páxina aparecen todos os paquetes traducibles de Debian (mesmo
gnome, kde, etc...).  As traducións das ferramentas propias de Debian son
só o instalador e os templates do debconf, ¿non?

http://people.debian.org/~seppy/d-i/translation-status.html
http://www.us.debian.org/international/l10n/po-debconf/gl

>Para a táboa de Suse non sei como se podería facer, pero en caso de non
>ter solución poderíamos cambiar esa distribución por outra coma Ubuntu, etc.

        Algo se podería facer con SuSE.  O problema, penso eu, é que non
hai ninguén a traducir nada desa distribución, nin de Fedora.  E mentres
non haxa ninguén, non ten sentido manter esa táboa.

        ¿En Debian segue alguén a facer algo?

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a