O Xoves 06 de Abril de 2006 ás 14:03, nacho dicía:

>Eu traducín o xchat e cando o actualizo mándollo ao desenvolvedor, non hai
>maneira de que o subades vos ? porque sempre ando a molestar ao pobre home.

        Normalmente non lles molesta moito ;)

        A sección "GNU" en Trasno non equivale exactamente ao proxecto GNU.
Aí aparecen todas as aplicacións do "Translation Project"
(http://www.iro.umontreal.ca/translation).  Hai uns anos nese proxecto
practicamente non había máis que aplicacións GNU (por iso chamamos así a
sección), pero agora hai bastantes de outros autores (por exemplo, o xchat)

        Digo isto porque hai unha diferenza importante: se traduces
aplicacións de GNU (i.e, feitas pola FSF), tes que enviar un disclaimer por
correo postal dicindo que rexeitas os dereitos de Copyright.  Pola contra,
para as outras aplicacións non é necesario enviar ese disclaimer.

        Así que supoño que non habería problema en que usases o robot do
Translation Project para enviar as traducións do xchat.  O problema é que
para iso o coordinador do equipo galego ten que engadirte como tradutor, e
seica Jacobo abandonou a tarefa.  ¿Como habería que facer, Jacobo?

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a