Ben, esto de protestar aquí non está mal. Pero realmente alguén de
Trasno tentou poñerse en contacto ca xente de mancomun.org para tentar
de arranxar este tipo de problemas, sen ter que chorar nesta rolda do
pouco caso que lle fan a un proxecto, que por outra parte non estivo
moi activo nestes últimos anos.

Miguel.

On 5/30/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:
Segundo se amosa en mancomun.org, e imaxino como consecuencia dalgunha nova
aparecida na rede sobre o incríbel esquecemento (para nada malintencionado)
de poñer unha nota sobre Trasno (xa non digo tratar connosco) na nova
páxina-proxecto que pretende coordinar "as políticas necesarias para garantir
a localización das aplicacións máis usadas", agora aparecemos (dignamente)
nunha entrada, na seción de novas, titulada "Informática, lingua e outras
asociacións". En fin, que agora hai "asociacións" e hai "outras asociacións",
segundo conveña facer a clasificación.

Efectivamente, agardo que se nos inclúen en "Informática e lingua e outras
asociacións" sexa para recalcar que as deste grupo son as que realmente
traballan (Galego21,  Ciberirmandade e Trasno) e se adican a outras cousas
máis productivas (pero menos publicitarias) que poñer novas, especular e
realizar "amistosamente" reunións de carácter exclusivo coa administración
para "recomendar" (¿onde está o límite entre dictar e recomendar?) cáles son
os cauces politicamente correctos e económicamente favorabeis  (cada quen
entenda o que lle pete ou o que lle cheire) para dirixir as políticas en prol
do software libre con medios públicos.

Dende a miña parte o meu máis sincero agradecemento a esta extensa
nota-enmenda:

"Trasno. É un proxecto adicado á adaptación á lingua galega do sistema
GNU/Linux e do software libre en xeral. Existe dende o ano 1999."

Xa somos historia, parece ser.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno



--
Miguel Ángel Fernández Morales
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a