Jesus Bravo Alvarez wrote:

O Mércores 31 de Maio de 2006 ás 23:56, Miguel dicía:


http://l10n-status.gnome.org/gnome-2.14/gl/index.html
http://l10n.kde.org/stats/gui/stable/gl/index.php
http://www1.mandrivalinux.com/l10n/gl.php3
http://www.iro.umontreal.ca/translation/registry.cgi?team=gl

        Só con iso xa son máis de 90000 cadeas traducidas.  Aínda que o
proxecto-paraugas de Trasno non aparentase movemento, os proxectos de
tradución, que son os que realmente fan o traballo, si estaban a choiar.

        E eses proxectos son todos de software libre, e pola lóxica máis
evidente deberían ser mencionados nunha páxina que pretende ser referencia
para o software libre en galego.

        ¡Polo menos mencionar a existencia desas traducións!, aínda que non
se faga referencia aos tradutores nin/ou aos grupos que están detrás delas.
Nin é necesario que alguén deses grupos ou do grupo-paraugas lles avise.
Eses proxectos están aí, na rede, dende hai anos, e eles sábeno.  Mirar
para outro lado é ir contra a filosofía do software libre.

Un comentario: trasno non é mais ca unha lista de correo e unha web, que usa a xente que quere facer traduccions para comunicarse. O mérito é desas persoas. Se elas queren outorgarllo a esta lista ou á web están no seu dereito posto que son os que traballan e poden facer o que queiran con el.

Pero a efectos prácticos eu non vexo en Trasno máis ca iso, unha canle de intercambio de informacion. Cando máis se nota e cando se solicitou algo "diferente" como por exemplo, que alguen de Trasno participase nunha mesa redonda ou o debate sobre cambiar a forma de traballar que se fixo non hai moito. Intercambiouse informacion e opinions pero dame a impresion de que esas cousas quedaron en nada.

Resumindo, o mérito é dos traductores, que usan unha lista de correo denominada Trasno para intercambiar información. Se o cededes á lista de correo estádes no vosos dereito e eu respétovos, pero persoalmente valorovos a vos e ó voso traballo e non a un instrumento técnico.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a