Trasno é unha páxina informativa (axudas, estatísticas, cordinadores....) e un 
conxunto de ferramentas web (lista, correos ...). Ben, se agora se pretende 
facer estupidamente unha distinción entre páxina web (ente informático) e 
responsabeis directos (persoal detrás) evidentemente os méritos os levan as 
persoas e non os seres inertes dos que se valen (creo que tamén é interesante 
o traballo realizado). Iso lle ocorre a calquera páxina.

Outro cousa é mancomun.org , que polo de agora é como Trasno: unha páxina . 
pero sen axudas, sen información do persoal, sen lista de correo, sen 
estatísticas, sen información financieira e aínda por riba incompatíbel con 
Konqueror, e por outra banda sen persoal detrás que traballe noutra cousa que 
poñer novas de vez en cando e unhas ligazóns a traballo feito por unha 
empresa axena. Efectivamente, a única vantaxa que ten mancomun é que se poñen 
novas e por iso dá a impresión de que existe un traballo continuo que ao 
final só é traballo na propia páxina (superficial, sen contido) e non hai 
traballo nas traducións ou desenvolvementos, axudas, manuais .... Eso si, é a 
administración a que está detrás, e contan con calquera tipo de apoio 
institucional e imaxino que cun importante poder de coación. 

Pero como vivimos na sociedade das apariencias hai que ter uns logotipos, unha 
seción de novas, un corresponsal en Santiago e outro nas provincias, algún 
funcionario amigo e. iso si, moitos recursos materiais para logo falar 
despectivamente dos que non posuiamos nada de todo isto pero por outra banda 
traballabamos algo (estamos de camiño do 50 % en KDE e o 100% de Gnome 
estábel feito) sen grandes despliegues.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a