O Xoves 01 de Xuño de 2006 ás 11:13, Xosé dicía:

>Un comentario: trasno non é mais ca unha lista de correo e unha web, que 
>usa a xente que quere facer traduccions para comunicarse.

        Totalmente de acordo, por iso dixen na miña mensaxe "... os
proxectos de tradución, que son os que realmente fan o traballo ...".  E o
obxectivo é que a páxina web estea aínda máis descentralizada, usando
un wiki, e permitindo que cada grupo poña o que queira na súa páxina.

>O mérito é desas persoas. Se elas queren outorgarllo a esta lista ou á 
>web están no seu dereito posto que son os que traballan e poden facer o 
>que queiran con el.

        O asunto é que no se recoñeceu o mérito a ninguén.  E non é só unha
cuestión de mérito, é que directamente se ignorou o traballo deses
tradutores, como se non existise.

>Resumindo, o mérito é dos traductores, que usan unha lista de correo 
>denominada Trasno para intercambiar información. Se o cededes á lista de 
>correo estádes no vosos dereito e eu respétovos, pero persoalmente 
>valorovos a vos e ó voso traballo e non a un instrumento técnico.

        Tenche gracia, quen había dar mérito a unha lista de correo? :D
"Medalla de ouro para Apache e Mailman pola súa aportación ao software
libre en galego" :D :D

        Dar mérito a "Trasno" implica dar mérito a todos os que están por
detrás.  Penso que non hai ninguén que poida dicir "eu sou de Trasno, pero
non traduzo nada e non pertenzo a ningún grupo de tradución".  Se fose así
podería pensarse que alguén está a levar mérito que non lle corresponde,
pero non é o caso.

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a