Sinceiramente, quitádesme as gañas de traducir.
Porque parece que estades a dicir que o traballo que fago,
o que facemos non vale para nada para os usuarios da xente
que emprega software libre. Xa me sentín un pouco fastidiado cando
despois de estar todo o verán pasado traballando na traducción para
que gnome estivese traducido nun 80%, descubrín que pagaron
140000 € por traducir o OOo, no lugar de coller e facer becas para
estudiantes con ese diñeiro. Pero é o que hai. Por outro lado
non é a primeira vez que me din. "Pero ti para que traduces software ao
galego
sen recibir nada a cambio? Se ninguén vai empregar a túa traducción..."
Eu traduzo porque quero ter un sistema en galego. Todas as aplicacións
que emprego están en galego, agás kbabel que pronto rematarei a
traducción...
(Xabier non me olvido dese programa o que pasa que estou liado cos exames)
e quero que siga sendo así. Que unha aplicación que emprego non está en
galego
pois tradúzoa, ás veces incluso danme as grazas. E ahí é cando me sinto
realizado. Pero algunha axuda non estaría mal.
Con respecto a Trasno, a min gústame ter algo co que poder asociarme
pero trasno non deixa de ser un grupo de persoas, e son as persoas as que
teñen todo o mérito.
Saúdos.

On 6/1/06, Xosé Martínez <n...@udc.es> wrote:

Jesus Bravo Alvarez wrote:

>       O asunto é que no se recoñeceu o mérito a ninguén.  E non é só
unha
>cuestión de mérito, é que directamente se ignorou o traballo deses
>tradutores, como se non existise.
>
>
Pareceme correcto o que dis, e pido desculpas por que quizais o entendin
de outro maneira. Posiblemente me influise o feito de que,
inconscientemente, enganchei estas criticas con outras que veñen
aparecendo desde que se comentou o da nova traduccion do OpenOffice.org.
Xa sei que non serve de excusa pero a min fíxome mete-la pata.

Respecto do comentario "como se non existise", quero aproveitarlo para
opinar:
Trasno non ten visibilidade, o que repercute en cousas como a escaseza
de voluntarios ou "esquecementos" á hora de mencionarvos.  Pareceme que
se nota tamén en algúns ofrecementos que ocasionalmente chegan (algún
alumno de traducción, algunha asociación de non-informáticos, ...),
algunha solicitude, que desaparecen sen que aporten algo mais ós que
traballades en torno a Trasno (por exemplo recoñecemento), nin ó
software libre en galego

Valoro o voso traballo, de feito estou escribindo desde unha mandriva,
bastante galeguizada, creo que por Leandro Regueiro, e uso KDE, que creo
que debo agradecerche a ti, entre outros (corríxeme se me equivoco).
Pero teño claro que está valoración débese a que son un "friki", un
bicho raro  que unha vez leu algo sobre Trasno e decidiu suscribirse á
lista, en vez de esquecelo entre o rebumbio de información cotiá, que é
o que fai a maioría da xente.

Xa sei que o voso traballo está aí, pero no mundo real hai moitas cousas
que ainda que nos crucemos con elas non nos decatamos ata que alguén
no-lo recorda.

En resume: sinto meter a pata, pero deberíades aproveitar este tipo de
situacións para reflexionar e ver se se pode facer algo máis para
mellorar a situación do software libre en galego; ou non, e decidir que
a situación esta ben como está ou que non merece a pena cambiala, que é
outra posibilidade.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a