nacho resa wrote:

Sinceiramente, quitádesme as gañas de traducir.
Porque parece que estades a dicir que o traballo que fago,
o que facemos non vale para nada para os usuarios da xente que emprega software libre.

A min váleme, eu uso as vosas traduccions galegas de software libre. E creo que iso puxen no meu correo., e ratificoo. Pero en algunhas cousas teño unha visión diferente da túa, e iso non significa negar o teu mérito: Eu son profesor, preparo material docente que coloco nun web a disposicion dos meus alumnos e de que chegue por alí e queira usalo. A pesar diso os meus alumnos criticanme cousas, incluso dese material. ¿Debo supoñer que non me agradecen o material e o meu traballo?

 Xa me sentín un pouco fastidiado cando
despois de estar todo o verán pasado traballando na traducción para
que gnome estivese traducido nun 80%, descubrín que pagaron
140000 € por traducir o OOo, no lugar de coller e facer becas para estudiantes con ese diñeiro.

Ogalla pagasen a alguén para elaborar material docente libre, eu podería adicar o meu tempo a melloralo, a adaptalo ou a outras cousas que se me ocorresen. En serio, eu botaba de menos ese tipo de cousas, e tamén lles faría algún comentario sobre cousas que me parecerían mellor, pero que se implique a administración nas traduccións e pague profesionais, e algo que se debe facer, independentemente do traballo de voluntarios. Insisto, ogalla paguen a outros por facer as cousas que eu aporto gratis en internet. Creo que a sociedade gañaria

Jesus Bravo Alvarez wrote:

O Xoves 01 de Xuño de 2006 ás 12:51, Xosé dicía:


Trasno non ten visibilidade, o que repercute en cousas como a escaseza de voluntarios ou "esquecementos" á hora de mencionarvos.
[...]
Xa sei que o voso traballo está aí, pero no mundo real hai moitas cousas que ainda que nos crucemos con elas non nos decatamos ata que alguén no-lo recorda. Está claro que Trasno funciona como funciona. Pero a situación é distinta: Proxectos como GNOME, KDE, GNU,
Mandriva, Debian, etc... teñen MOITA visibilidade.  E eses proxectos teñen,
dun xeito ou outro, soporte para galego.  E iso é algo relevante, mesmo se
os tradutores encargados non fan publicidade, ou están metidos nun templo
budista. Na miña opinión, que unha páxina sobre software libre en galego
non teña referencias aos "Proxectos de software libre que xa teñen equipos
de tradución a galego", é pouco coherente.

Efectivamente GNOME, KDE, GNU, .... teñen visibilidade, e unha certa preocupacion para seguir tendoa.

        



Ninguén esquecería unha tradución do Hamlet de Shakespeare a
galego, só porque o non se coñecese o tradutor.

Cantos traductores de libros recordas ti? Sabese que o libro está traducido, pero a persoa que o fixo non se lle soe prestar atención.
Teño lido que as asociacions de traductores teñen entre os seus obxectivos que iso 
mellore, ou sexa: "facerse visibles"

Só unha cousa mais:
Insisto ata o aburrimento que valoro o voso traballo, por que me da a impresión de que algúns non me credes.
Pero e que non podo evitar comentar as cousas que se poderían mellorar. E unha 
delas sería aproveitar algunhas oportunidades que chegaron pola lista (algunha 
asociacion, algun alumno de traducción...). Sorprendeme que xente tan motivada 
coma vos non vexa as posibilidades que abrirían, polo menos de cara a aumentar 
o número de voluntarios. Por iso insisto en facer algo máis que botarvos 
frores, ainda que a estas alturas, e despois de enviar correos en algunha outra 
ocasión, o unico que conseguin e que pensarades que non valoro ese traballo, 
polo que mellor aportacion que vos podo facer e borrarme da lista, e non 
molestar no voso traballo e nas vosas criticas.

Chao


.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a