O Xoves 01 de Xuño de 2006 ás 14:41, Xosé dicía:

>>Ninguén esquecería unha tradución do Hamlet de Shakespeare a
>>galego, só porque o non se coñecese o tradutor.
>Cantos traductores de libros recordas ti? 
>Sabese que o libro está traducido, pero a persoa que o fixo non se lle soe 
>prestar atención.

        Estás a darme a razón... Aínda que non se coñeza o tradutor, si que
se coñece o libro.  E no caso do que estamos a falar, aparéntase non
coñecer nin o libro.

>Insisto ata o aburrimento que valoro o voso traballo, por que me da a 
>impresión de que algúns non me credes. 

        Eu polo menos non falaba de ti, falaba do "tema candente", que é o
dos "esquecementos" de mancomún.  Igual estaba a ler os teus argumentos
dende esa óptica, e polo que dis parece que non era a túa intención.  Así
que che pido desculpas :)

>Pero e que non podo evitar comentar as cousas que se poderían mellorar. E 
>unha delas sería aproveitar algunhas oportunidades que chegaron pola lista 
>(algunha asociacion, algun alumno de traducción...).

        É evidente que as cousas se poderían facer doutro xeito.  Pero,
como ti mesmo dixeches, isto non pasa dunha web e unha lista de correo.
Aquí non manda ninguén, non hai representantes, non hai ninguén que se
responsabilice das propostas externas.  Isto non é máis que unha suma de
voluntarios e de proxectos de tradución independentes.  E as tarefas e
actividades do proxecto-paraugas son (e deben ser, penso eu) mínimas.

        Esta maneira de funcionar ten inconvintes, claro.  Probablemente o
mellor exemplo é o que dis sobre a capacidade de captar voluntarios para
colaborar nos equipos de tradución.  Pero, quen sabe, pode que se isto fose
distinto, moitos dos que levamos anos colaborando xa non estaríamos aquí.
É difícil sabelo... ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a