2006/6/2, Miguel <migue...@gmail.com>:


  Vexo que unha xente está mais enfadada que outra pola forma que ten
o goberno de tratar os traductores de software libre. E que tamén hai
algunhas ideas para millorar a situación como premiar con bolsas ou
dalgunha outra maneira aos que xa fan traduccións para que sigan
traducindo.

    Unha pregunta, sería posible facer unha reunión con alguén de
Industria, son os que están a facer algo agora neste eido, para que
sepan a opinión da xente de Trasno e outros proxectos de traducción.
Creo que pola parte do goberno non debería de haber ningún problema,
pero pola parte dos proxectos de traducción non sei como se vería, ou
se sería posible.

Miguel.


O que eu percibo non é enfado coa administración (esta parece non ter moita
idea de qué vai o asunto), senon coa actitude de persoas que nunca
colaboraron, e agora que aparecen cartos polo medio teñen todo montado para
venderse como os grandes valedores do SL, pasando por encima de proxectos e
de persoas de quen incluso tomaron ideas.
É lóxico que non todos nos sintamos igual: por exemplo, eu só creo que non
se están a facer as cousas ben, pero que pode ser posible arreglalo (por
certo, comparto as críticas á actuación do Goberno, a pesares de ser membro
do BNG e ter boa relación con sectores deste partido. Hoxe por hoxe, sen
embargo, non coñezo a ninguén relacionado coa promoción do SL). Tamén
comprendo que outras persoas poidan non compartir esta opinión, pois ó fin e
o cabo o traballo e tempo que eu aportei ó proxecto é mínimo en comparanza
co delas, ademais das súas experiencias ó longo dos anos coas persoas que
precisamente pretenden silenciar o noso traballo.

Non me parece unha mala idea o que propós pero, a pesares de que en Trasno
non existe unha "organización" estructurada como tal, creo que iso
corresponde á xente que leva máis tempo tirando polo proxecto. Eu pola miña
parte comprométome a axudar no posible.

--

Xabier Villar
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a