Valoro o voso traballo, de feito estou escribindo desde unha mandriva,
bastante galeguizada, creo que por Leandro Regueiro, e uso KDE, que creo
que debo agradecerche a ti, entre outros (corríxeme se me equivoco).


Vou responder ainda que me quedan unha ducia de mensaxes por ler. Eu
son o que se ocupa de traducir agora Mandriva (antes Mandrake), e
ainda que boa parte do que hai traducido o traducin eu (pasei eu só do
25% ó 92% que hai agora), xa habia algo traducido por outras persoas
(podes consultar as cabeceiras dos .po) o cal me axudou moito a
orientarme, etc.

Penso que tamen se lle debe recoñecer o seu mérito (xustificado por
outra parte) a esas persoas entre as que podo mencionar a Jesus Bravo
Alvarez (perdon, pero non me acordo do nome dos demais).

Do mesmo xeito o KDE non o traduciu unha soa persoa, senón unha chea delas.

Ata logo,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a