Traduzo dos de Softcatala (máis ou menos como se pode):

---------------------------------------------
Os membros de Softcatal compartimos e imprimimos no nóso quefacer diario os 
seguintes principios:

-Transparencia. A Transparencia é un requisiño indispensábel no traballo dos 
voluntarios. Tamén é fundamental para aumentar a fluidez da comunicación 
entre os diferentes membros.

-Apertura: Somos unha comunidade aberta a todos os que procuren colaborar, xa 
sexa a título individual, institucional ou dende o mundo empresarial, 
respetando sempre os nósos valores e as normas de convivencia fundamentais.

-Meritocracia. Somos unha comunidade onde a xente é valorada polo traballo e 
esforzo feitos na direción dos nósos obxectivos.

-Excelencia. Tentamos acadar a maior énfase posíbel na calidade e correción de 
todo aquelo que desenvolvemnos no día a día, en todo aquélo que facemos.

-Unidade da lingua catalana. (Isto non o traduzo porque non é aplicábel ;).)
--------------------------------------------


Ben, e agora, adiviñe as diferencias:

1-Transparencia: en mancomun, ningunha, nin sequera translucidez. Tan só en 
que hai un logotipo da Xunta e outro do Cesga que che permite inferir algún 
tipo de subordinación.

2-Apertura: ningunha, como o demostra o feito de que non se tentaran abrir aos 
grupos xa existentes que facían o que se pretendía agora cubrir 
institucionalmente. Ademáis, na colaboración do mundo empresarial, remárcase 
que se precisa respetar sempre os valores e normas de convivencia 
fundamentais e, simplemente, coido que en mancomun a colaboración do mundo 
empresarial non existe: existe no seu canto un brazo de control empresarial 
algo difuso (e podo dar datos) e unha administración que fai traballar ás 
empresas por encargos (sobrefinanciados e rozando a prevaricación, polo de 
agora) en lugar de que sexan as empresas as que voluntariamente colaboren nos 
aspectos que lles fagan falta a curto prazo para a investigación e 
desenvolvemento de proxectos paralelos nos que fixera falta tradución ou 
desenvolvemento ""EN CÓDIGO ABERTO"".

3-Meritocracia. Ben, xa se sabe, agradécese o traballo de Imaxin polo esforzo 
feito. Carallo, no canto de ser Imaxin a que agradece ao cliente o encargo.

4-Unidade da lingua. Isto son cousas para eruditos.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a