Ola,

Só un comentario: coñezo á xente de softcatalá "ao vivo" (hai 5 anos que vivo 
en Barcelona) e
cando falei con eles hai un par de anos, estaban sorprendidos e admirados de 
como traballabamos en
galego21/trasno, isto é, o moito que fixemos sen apoio oficial, baixo un 
goberno do PP ...

Ademais, un conselliño de alguén máis vello (35) aínda que non máis sabio: o 
goberno está a
aprender, pero devagariño. É un grande paso que pagara por traducir o OOo (após 
ter pagado para
traducir o Windows). Miremos o vaso medio cheo e sigamos a traballar pq os 
tempos son chegados ...
:-)

Saúdos,
Roberto

 --- "Xabi G. Feal" <xab...@gmx.net> escribió:

> Traduzo dos de Softcatala (máis ou menos como se pode):
> 
> ---------------------------------------------
> Os membros de Softcatal compartimos e imprimimos no nóso quefacer diario os 
> seguintes principios:
> 
> -Transparencia. A Transparencia é un requisiño indispensábel no traballo dos 
> voluntarios. Tamén é fundamental para aumentar a fluidez da comunicación 
> entre os diferentes membros.
> 
> -Apertura: Somos unha comunidade aberta a todos os que procuren colaborar, xa 
> sexa a título individual, institucional ou dende o mundo empresarial, 
> respetando sempre os nósos valores e as normas de convivencia fundamentais.
> 
> -Meritocracia. Somos unha comunidade onde a xente é valorada polo traballo e 
> esforzo feitos na direción dos nósos obxectivos.
> 
> -Excelencia. Tentamos acadar a maior énfase posíbel na calidade e correción 
> de 
> todo aquelo que desenvolvemnos no día a día, en todo aquélo que facemos.
> 
> -Unidade da lingua catalana. (Isto non o traduzo porque non é aplicábel ;).)
> --------------------------------------------
> 
> 
> Ben, e agora, adiviñe as diferencias:
> 
> 1-Transparencia: en mancomun, ningunha, nin sequera translucidez. Tan só en 
> que hai un logotipo da Xunta e outro do Cesga que che permite inferir algún 
> tipo de subordinación.
> 
> 2-Apertura: ningunha, como o demostra o feito de que non se tentaran abrir 
> aos 
> grupos xa existentes que facían o que se pretendía agora cubrir 
> institucionalmente. Ademáis, na colaboración do mundo empresarial, remárcase 
> que se precisa respetar sempre os valores e normas de convivencia 
> fundamentais e, simplemente, coido que en mancomun a colaboración do mundo 
> empresarial non existe: existe no seu canto un brazo de control empresarial 
> algo difuso (e podo dar datos) e unha administración que fai traballar ás 
> empresas por encargos (sobrefinanciados e rozando a prevaricación, polo de 
> agora) en lugar de que sexan as empresas as que voluntariamente colaboren nos 
> aspectos que lles fagan falta a curto prazo para a investigación e 
> desenvolvemento de proxectos paralelos nos que fixera falta tradución ou 
> desenvolvemento ""EN CÓDIGO ABERTO"".
> 
> 3-Meritocracia. Ben, xa se sabe, agradécese o traballo de Imaxin polo esforzo 
> feito. Carallo, no canto de ser Imaxin a que agradece ao cliente o encargo.
> 
> 4-Unidade da lingua. Isto son cousas para eruditos.
> 
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
> 


__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis! 
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es 
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a