>  É un grande paso que pagara por  traducir o OOo (após ter pagado para 
>traducir o Windows). Miremos o vaso
> medio cheo e sigamos a traballar pq os tempos son chegados ...

Home, o grande paso é ter o OO traducido. Tamén é grande paso para algúns que 
se pagara tanto, seguramente para os que recibiron o diñeiro e contrataron a 
2 persoas para facer a tradución.

E a relatividade de miras da que falas, pois está subordinada ás boas ou malas 
pasadas que che teñan feito, así como ao coñecemento ou decoñecemento dos 
feitos e das persoas que están detrás de mancomun.org. O ponto que máis falla 
é o de pensar que neste caso existe apoio da Xunta. Nin co PP nin co BNG: os 
primeiros pasan como é evidente do tema, e os segundos están inmersos nunha 
delegación de funcións en diversos grupos de xente (e.g. os de mancomun) que 
están a dirixir e adxuntar ou non adxuntar ao proxecto, ocultar ou dar 
información, adxudicar ou non adxudicar segundo conveña facendo control total 
dos procesos. Hai quen non entende o punto que hai en Softcatalá á apertura: 
trátase de crear un proxecto de tradución/desenvolvemento de sw libre aberto. 
sen direción gubernamental nin moito menos "lobbística" e que en verdade na 
sociedade da información que queren promover existe aceso libre á 
información: responsabeis, financiación, toma de decisións, e un longo 
etcétera. 

Por outro lado, evidentemente, mellor isto que nada, pero eu ficarei 
traducindo o KDE mentres non estean polo labor de facer algo máis que 
subvencionar conferencias e crear becas para trotamundos informáticos, estilo 
La Barraca Cibernética, sobrefinanciar concursos para traballos xa feitos e 
aproveitar, con todos os seus recursos, os poderes fáticos, para pór de 
relevo o "revolucionario" paso dado polo goberno para introducir o sw libre 
na sociedade galega, feito histórico e innovador, deixando de lado ao 
voluntariado e traizonando polo tanto os principios básicos do software 
libre.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a