O certo é que eu me rexistrei en Launchpad (ou onde fora que te tes
que rexistrar para usar rosetta) e unha vez dentro vin que se podian
traducir programas que xa teñen o seu propio proxecto de traduccion,
coma Tuxpaint por poñer un exemplo que me afecta directamente. Isto
non me gusta nada, porque non sabes onde está o que é exclusivo de
Ubuntu e que é o demais. E por se fora pouco, aparecían versións
antigas das traduccións, e non as últimas dispoñibles nos sitios
orixinais.

Tamén cando preguntara sobre actualizar a páxina de estatísticas de
Debian en Trasno se me dixera que os de Debian tiñan unha páxina para
os templates (supoño que serán esas mensaxes que aparecen cando fas
dpkg --reconfigure paquete ou algo asi) e mais outra para os programas
que veñen en Debian.

O que eu dicía. É unha maneira de tolear ós programadores. Para o caso
da páxina de estatísticas de Debian en Trasno penso que se debería
facer algo para que apareceran coma na de Mandriva ou na de Fedora
Core, e que só aparezan cousas exclusivas desa distribución.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a