>
> A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a
> colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil
> traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte,
> traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de
> launchpad.
Perfeito, pero entón se lle queren aforrar traballo ao tradutor (seguindo con 
este sistema) que envíen eles despois as traducións aos autores dos programas 
ou que usen o cvs correspondente ! Non se pode traballar no software libre se 
ao final non se empregan os repositorios oficiais, e precisamente ese é o 
motivo de que se fagan contribucións de calquera tipo e dende calquera lugar; 
o uso dos cvs (ou svn's).

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a