On 6/14/06, Felipe Gil Castiñeira <x...@det.uvigo.es> wrote:

Xabi G. Feal wrote:
>> A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a
>> colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil
>> traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte,
>> traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de
>> launchpad.
> Perfeito, pero entón se lle queren aforrar traballo ao tradutor
(seguindo con
> este sistema) que envíen eles despois as traducións aos autores dos
programas
> ou que usen o cvs correspondente ! Non se pode traballar no software
libre se
> ao final non se empregan os repositorios oficiais, e precisamente ese é
o
> motivo de que se fagan contribucións de calquera tipo e dende calquera
lugar;
> o uso dos cvs (ou svn's).

Vaia... precisamente o día que se fala de Rosetta e Ubuntu estiven de
viaxe....

Son o administrador do equipo de tradutores ao galego de Ubuntu
(https://launchpad.net/people/ubuntu-l10n-gl). Unha serie de
comentarios para aclarar cousas:

    * Ubuntu utiliza Rosetta: unha ferramenta web para a tradución:
          o Cada vez que se actualiza un paquete en Ubuntu, en Rosetta
            actualízase automáticamente a súa tradución.
          o Non se perde traballo: anque se traduza só unha cadea,
            queda gardada para que outra persoa poda seguir (eu
            empecei a traducir varias veces o Gaim, pero por falta de
            tempo todo o traballo feito quedou na miña computadora).


Pois non sigas co  Gaim que xa leva tempo traducido.

         o Pódese traballar en equipo.
          o O traballo feito queda reflexado de inmediato en Ubuntu.

A sincronización das traducións no camiño inverso (cos repositorios)
téñenas que facer os equipos de tradución (hai plans de que en certos
casos sexa automática). Toda a xente do equipo galego está subscrita á
lista de correo
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl. Nela pedín
un par de veces que ao rematar unha tradución se mandasen os ficheiros
".po" ao equipo responsable das traducións (ou mos mandasen a min para
reenvialos). Xa hai uns cantos paquetes traducidos e (ata onde sei)
non se mandaron. En canto poda voume encargar deles.

Só remarcar de novo que anque as cadeas traducidas con Rosetta pasan
de inmediato a Ubuntu, a nosa intención é que o traballo feito acabe
no repositorio oficial.

Un saúdo a todos!
    Felipe.





_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a