Entendo entón que co sistema de Ubuntu os responsabeis desta distribución só 
se preocupan de introducilo nela e deixan aos equipos de tradución que 
reenvíen as traducións paralelamente aos respositorios correspondentes. 

Pois entón fai falla máis coordinación ou vamos a traballar algo máis da 
conta. Deberiades (o equipo de Ubuntu) enviar as traducións aos repositorios, 
aos autores ou aos grupos de tradución que se adiquen a elo para que non haxa 
conflictos. Por outro lado, tamén debería haber colaboración na outra 
direción, é dicir, como vexo cousas como ésta en Rosetta:

 Kdelibs -> translated by Xabi G.
 kdesktop, kicker, ksmserver -> translated by Ricardo Domínguez

Pois entón entendo que teremos que chegar a un convenio de carácter práctico 
para que ninguén se adique a traducir cousas sen preguntar se outro as está a 
traducir porque 1) O que usa Rosetta non ve as mudanzas (feitas polo equipo 
oficial) automaticamente 2)O que usa o equipo oficial non ve as mudanzas do 
de Rosetta nunca na vida.

E outra cousa, por que aparece Kdelibs translated por min en Rosetta se nunca 
traduxen nada usando Rosetta? Por outra banda non aparecen todos os 
traducidos por min ou polo resto de colaboradores de KDE@Trasno.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a