O HOWTO do rescate de particións
Anterior Seguinte

2. Información técnica

2.1. Discos

Un disco duro está composto por sectores que se numeran dende o 0 ata o número que sexa.

dmesg devólvenos, por exemplo:

hdb: ST34321A, 4103MB w/128kB Cache, CHS=523/255/63

CHS significa Cylinders, Heads, Sectors (Cilindros, Cabezas, Sectores).

523*255*63=8401995 sectores de 512 bytes cada un, o que ven sendo 4103 MBytes. Isto é só unha correspondencia lóxica, e non ten por que ser o que está escrito na cuberta do disco duro (excepto o tamaño total).

Non nos interesa o tamaño real dos sectores xa que non queremos modificar nada senón restaurar un estado previo. Para nós, o tamaño dado por fdisk é correcto.

O tamaño visto polo sistema depende directamente do traballo da BIOS (Basic Input/Output System - a ROM do ordenador). O modo do disco duro indicado na BIOS é imprescindible. Para un disco novo, é mellor usar o recoñecemento automático de disco duro da BIOS e dicir "si". De tódolos xeitos, calquera modificación a este nivel pode destruir tódolos datos do disco, así que non xogues con isto sen ter unha boa razón.

Probablemente sexa isto o que usa o teu disco, así que non te preocupes.

2.2. Particións

Os discos de agora son grandes, os de 40 Gb non son raros (Ndot: xa hai algún tempo que se escribiu isto), así que non é moi práctico ter tódalas cousas empaquetadas nun único sitio. Só MS Windows o fai así, e se estás usando Linux, pode ser que sexa porque eres consciente do ineficiente que é.

Así que un disco duro normalmente está dividido en pequenos anacos chamados "particións" (consulta o "partition HOWTO" (Ndot: hai unha traducción ó galego) para obter máis detalles e le tamén /usr/share/doc/package/util/README.fdisk)

Imos mirar (parte de) a miña saída de fdisk -l:

Disk /dev/hdb: 255 heads, 63 sectors, 523 cylinders
Units = cylinders of 16065 * 512 bytes

   Device  Boot  Start  End    Blocks  Id  System
/dev/hdb1            1  153   1228941  83  Linux
/dev/hdb2          154  166   104422+  82  Linux swap
/dev/hdb3     *    167  291  1004062+  83  Linux
/dev/hdb4          295  523  1839442+   5  Extended
/dev/hdb5          295  422  1028128+  83  Linux
/dev/hdb6          423  523    811251   6  FAT16 

Este é o meu segundo disco duro, e utilizarémolo para adiviñar e facer probas (o primeiro é demasiado sinxelo para ser interesante).

/dev/hdb é o meu segundo disco ide (escravo da interface primaria),

/dev/hdb1 é a primeira partición primaria, e abrangue dende o primeiro bloque (1) ata o bloque 153.

Pode haber catro destas particións primarias. Se se queren máis de 4, unha delas ten que ser unha partición "extendida" (non ten por que ser a cuarta) e tódalas demais particións chámanse "lóxicas" e están dentro da extendida. Observa que a partición número 5 e a partición número 4 teñen o mesmo comezo. A número cinco é lóxica, a número 4 extendida. As lóxicas comezan sempre en 5, incluso se non hai catro particións primarias.

Aquí temos o listado fdisk -u -l doutro disco:

Disque /dev/hda : 240 têtes, 63 secteurs, 2584 cylindres
Unités = secteurs sur 1 * 512 octets

Périphérique  Amorce     Début       Fin     Blocs  Id  Système
/dev/hda1          *        63  10357199  5178568+   c  Win95 FAT32 (LBA)
/dev/hda2             15452640  39070079  11808720  83  Linux
/dev/hda3             10357200  15150239   2396520   f  Win95 Etdue (LBA)
/dev/hda4             15150240  15452639    151200  84  Lecteur C: caché OS/2
/dev/hda5             10357263  10463039    52888+  83  Linux
/dev/hda6             10463103  10780559   158728+  82  Echange Linux
/dev/hda7             10780623  15150239  2184808+   6  FAT16

Les entrées de la table de partitions ne suivent pas l'ordre du disque.

Non te preocupes polo texto en francés, eu son francés... mira o listado do teu disco duro. Dende logo os números han ser diferentes.

2.3. Por que hai un problema?

O problema é que tódolos Sistemas Operativos que están instalados deben compartir os discos e ó inicio a BIOS só pode examinar o primeiro, e debe haber o que se chama "táboa de particións" no comezo deste disco. Esta táboa de particións está situada no Master Boot Record (MBR) xunta ó cargador de arrinque (bootloader).

Calquera uso incorrecto do MBR por calquera dos SOs provoca problemas. Cando se está instalando un sistema, responder sí a unha pregunta coma "¿particionamento automático?" probablemente dea problemas... Isto é especialmente certo para MS Windows, sobre todo ca instalación adaptada por algúns ensambladores de ordenadores (cando non se inclúe o CD orixinal de "Windows", como ocorre con moitos portátiles). Pero tamén certo para algúns programas de instalación "intelixentes" (¡non son tan intelixentes!) que veñen con algunhas distribucións recentes de Linux.


Anterior Inicio Seguinte
Comezo   Solucionando o problema