Saúdos a toda a xente que colaborades por aquí!

Aínda non estou seguro de ter pillada a forma na que traballades por aquí,
pero levaba coa idea de colaborar en algún proxecto xa un tempo, e penso que
se cadra serei quen de botar unha man aquí sen meter moito a pata...
Intentarase, en todo caso ;p

Polo de pronto, botando unha ollada, vin que o xchat aínda estaba a 0%, así
que descarguei o .pot... e quedei mirando para él, jejeje. Logo, descarguei
o poEdit, e púxenme con iso.

Aínda non teño claro que debo facer ó rematar, pero penso que terei tempo de
enterarme antes de acabar... (qué é todo iso de compilar un .mo, e tal?
jeje... xa me enterarei, que hei ter tempo antes de rematar)

Por certo, escollín o xchat porque pensei que podería ser divertido, pero...
se tendes unha lista de "prioridades", ou algo, tanto me dará poñerme con
outra cousa.

Bueno, eso: Saúdos, e aviso que estou co xchat, para evitar que se poña
outro (e, se xa hai alguén traballando nel, avisade, para non duplicar
esforzos e tal.)


Sorte a todos!


PD: Acabo de chegar ata o famoso DISCLAIMER... supoño que, algún día, terei
que imprimilo e mandarllo... Bah, xa verei. Saúdos!!

PPD: Serei burro? tratei de mandar isto antes sin confirmar a subscripción á
lista. Espero que agora chegue... e desculpas se chega por duplicado ;)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a