O xchat xa está traducido.
Saúdos.

On 7/8/06, José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com> wrote:

Saúdos a toda a xente que colaborades por aquí!

Aínda non estou seguro de ter pillada a forma na que traballades por aquí,
pero levaba coa idea de colaborar en algún proxecto xa un tempo, e penso que
se cadra serei quen de botar unha man aquí sen meter moito a pata...
Intentarase, en todo caso ;p

Polo de pronto, botando unha ollada, vin que o xchat aínda estaba a 0%,
así que descarguei o .pot... e quedei mirando para él, jejeje. Logo,
descarguei o poEdit, e púxenme con iso.

Aínda non teño claro que debo facer ó rematar, pero penso que terei tempo
de enterarme antes de acabar... (qué é todo iso de compilar un .mo, e tal?
jeje... xa me enterarei, que hei ter tempo antes de rematar)

Por certo, escollín o xchat porque pensei que podería ser divertido,
pero... se tendes unha lista de "prioridades", ou algo, tanto me dará
poñerme con outra cousa.

Bueno, eso: Saúdos, e aviso que estou co xchat, para evitar que se poña
outro (e, se xa hai alguén traballando nel, avisade, para non duplicar
esforzos e tal.)


Sorte a todos!


PD: Acabo de chegar ata o famoso DISCLAIMER... supoño que, algún día,
terei que imprimilo e mandarllo... Bah, xa verei. Saúdos!!

PPD: Serei burro? tratei de mandar isto antes sin confirmar a subscripción
á lista. Espero que agora chegue... e desculpas se chega por duplicado ;)


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  • Boas! José Manuel Castroagudín Silva

Responderlle a